TAREFA DO LUNS 8-6-20

OS LUNS TOCA MATEMÁTICAS


FAREMOS, NO LIBRO DO 3º TRIMESTRE, AS PÁXINAS 182, 184, 188. 200 e 203

INDICACIÓNS:
PAX 182:
EX 1: Aquí hai unha mistura das operacións estudadas este curso: sumas levando, sen
levar de tres números e restas sen levar. Diferenciar ben sumas de restas polo
signo.
EX 2: Dúas sumas levando e unha resta sen levar, a colocar ben na cuadrícula e a realizar.

PAX 184: EX 1: Nesa táboa deben completar os números que faltan desde o 1 ata o 99 contando de 2
en 2. É dicir, SON OS NÚMEROS IMPARES MENORES QUE 100.

Despois deben COLOREAR de vermello os que teñen 5 unidades (familia do 5,
acaban en 5), RODEAR de azul os que teñen 5 decenas (do 51 ao 59) e TACHAR os
que teñen 7 unidades (familia do 7, os que acaban en 7).

EX 2: Escriben, ONDE LLES INDICAN SEGUNDO A SÚA POSICIÓN, o nome en
castellano do número de cada ábaco. (PISTA: 3º: quince).
PAX 188: EX 1: Os conceptos de rectángulo, triángulo e círculo son moi intuitivos e doados de
discriminar. Coidado coas dúas posicións dos rectángulos (horizontal ou
vertical).
Este exercicio ten 5 partes:

1ª: Completar a táboa contando as figuras que hai de cada color.
2ª: Contar os rectángulos azuis.
3ª: Contar TODOS os triángulos.
4ª: Indicar de cal das tres figuras hai máis.
5ª: Contar TODAS as figuras. Pódeno facer de 2 maneiras: CONTÁNDOAS TODAS
ARRIBA DE TODO NA PÁXINA, OU SUMANDO OS NÚMEROS QUE
FORON POÑENDO NA TÁBOA DA 1ª PARTE.


PAX 200: EX 1: Iniciámonos na interpretación de gráficos de barras sinxelos. Estes son bastante
doados e o que lles preguntan, normalmente, téñeno diante dos ollos.

Neste caso é un grafico sobre o número de nen@s que van no bus os 5 días lectivos
da semana.

1ª PREGUNTA: Mirando a altura de cada barra, escriben o número de nen@s que foron en bus cada
día.
2ª PREGUNTA: Estanlles preguntando polo edificio máis alto.
3ª PREGUNTA: Pregúntanlles pola barra máis pequena.
4ª e 5ª PREGUNTAS: Nos dous casos trátase de sumar @s nen@s que viaxaron en autobús entre dous
días distintos. Que fagan as sumas, levando ou sen levar, nun papel aparte.


PAX 203: EX 4: Neste caso o gráfico de barras vai sobre os cartos recollidos para axudar nunha
inundación.

1ª PREGUNTA: Mirar as barras e poñer cantos euros se recolleron cada día lectivo.
2ª PREGUNTA: Ë o día coa barra máis alta.
3ª PREGUNTA: É o día coa barra máis baixa.
4ª PREGUNTA: Sumar os cartos recollidos entre o xoves e o venres (facer a suma nun papel aparte) e
escribir a solución: Recogimos _______ euros.
EX 5: DITADO DE NÚMEROS: Imos deixar aos/ás alumnos/as que escriban os DEZ
NÚMEROS QUE LLES DEA A GANA.


…………………………………………………………………………………………………………...

Comentarios

Publicacións populares deste blog