SOLUCIÓNS VENRES 5-6-20


CIENCIAS SOCIAIS



PAXS 92 e 93: Constitúen o inicio da lección 8, sobre o calendario. Na páxina 92 hai varios puntiños que se contestan oralmente e mirando dentro da lección. Non pasa nada porque non saibal algunha cousa, como os meses de memoria, porque iso é o que imos estudar.
Na páxina 93, ademáis de mirar e aprender cousas das estacións, HAI QUE PEGAR O SEU NOME, ARRANCÁNDOO AO FINAL DO LIBRO NO SITIO CORRESPONDENTE .

PAX 94:
EX 1: Buscar ao final as pegatinas e pegalas no sitio correcto.
A pregunta oral sobre os días en vermello QUE A FAGAN SÓ CUN PAR DELES
(por exemplo 25 de decembro e 6 de xaneiro, Nadal e Reis.
EX 2: Luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.

PAX 95:
EX 3: En primavera, os campos florecen.
Que perden as follas.
Máis fría o inverno, máis quente o verán.
EX 4: As respostas dependen dos aniversarios d@s nen@s.

PAXS 96 e 97: SOLUCIÓNS ÁS ADIVIÑAS: tulipán e folla.


……………………………………………………………………………………………………………..













VALORES SOCIAIS E CÍVICOS



+++ Non esquecer recortar e pegar os sellos onde os haxa, sobre todo nas páxinas que saltamos,, que aínda que non as fagamos si que poden lelas.

++++ Ler a cabeceira das páxinas sempre antes de facer a actividade, para aprender cousas dos valores traballados en cada unha. A ver se van prendendo n@s alumn@s de 1º EP.


PAX 16: Poden debuxar, colorear e recortar o corazón con ese lema (¡PONLE CORAZÓN!),
siquiera nun papel vello, e colocalo onde sexa que lles recorde a diario o seu
compromiso de mellorar cada día.

PAX 18: No exercicio 1 deben plantexarse esa hipotética situación na que atopasen unha moeda
na clase e que farían, de entre as alternativas propostas. A ver se se dan conta que hai
máis dunha moralmente válida e outras que non.

No 2º exercicio trátase de pensalo ao revés e verbalizalo: que che gustaría que fixese
outr@ que atopase a túa moeda.

PAX 19: Deben marcar o que farían nesa hipotética situación familiar. Tod@s van marcar o
correcto, pero, se podedes, forzáde@s un pouco a razoarvos por que.

PAXS 20 e 21: Corixímolas véndoas.

………………………………………………………………………………………………………….




*******BOA FIN DE SEMANA PARA TOD@S!


Comentarios

Publicacións populares deste blog