TAREFA DO LUNS 25-5-20

OS LUNS TOCA MATEMÁTICAS


FAREMOS, NO LIBRO DO 3º TRIMESTRE, AS PÁXINAS 163, 164, 168, 169 e 170.

INDICACIÓNS:
PAX 163: EX 1: Mirando a información e debuxos da parte de arriba da páxina clasificarán facilmente
esas liñas en abertas ou cerradas.
EX 2: Aquí repasan as liñas coa cor pedida, segundo sexan abertas ou cerradas.

PAX 164: EX 1: Colorean segundo a posición do 9. Podemos recordarlles quen é ese número (cifra) na
clase, (funnciona ben).
EX 2: Hai que copiar os números da actividade 1 colorealos de amarelo, e poñerlles o
nome, en castellano.
EX 3: Con letra, en castellano, escribimos os números ordinais ANTERIOR E
POSTERIOR AO DO CENTRO.

PAX 168: EX 1: Repaso de ábaco. Escribir o número ou representalo. Para isto último usar as cores
correspondentes, e recomendo poñer raíñas en vez de boliñas, vense mellor.
EX 2: Cos números dos ábacos da actividade 1, escoller os que lles din as pistas, e copialos
en castellano.
EX 3: Moi fácil, escribir eses números.
EX 4: Ordenamos empezando polo maior. A BOCA COME AO MÁIS GRANDE.

PAX 169: EX 5: Anterior e posterior en ordinais. En castellano..
EX 6: O mesmo que no ex 5, pero con cifras, números cardinais.
EX 7: Descompoñer os números de 2 cifras en decenas e unidades.
EX 8: O igual é fácil. Para > ou < , a boca come ao máis grande.
EX 9: Empezamos o ditado de números en 31, e deberían chegar ao 50.

PAX 170: EX 1: Hai unhas sumas levando e unhas restas sen levar. Fanas, e despois colorean as
estrelas con números comprendidos entre os dados.
EX 2: Recomendo utilizar un papel en sucio para colocar e facer as sumas e restas en
vertical. Despois colorean a solución de cada unha de verde verdadeiro, e xa obteñen
pistas de se nalgunha se equivocaron.
EX 3: Teñen que sumar o número de hamacas de cada cor, colocando ben os tres números na
cuadrícula, poñendo o signo máis, a raia de sumar, e facendo a operación.
ATENCIÓN Á COLOCACIÓN DO 7. DIRÉMOSLLES QUE É AZUL E TEN QUE
IR DEBAIXO DAS OUTRAS CIFRAS AZUIS (UNIDADES). Ao final hai que
completar a solución do problema.


Comentarios

Publicacións populares deste blog