TAREFA DO LUNS 1-6-20

OS LUNS TOCA MATEMÁTICAS


FAREMOS, NO LIBRO DO 3º TRIMESTRE, AS PÁXINAS 174, 175, 176, 177 e 179

INDICACIÓNS:
PAX 174: As figuras xeométricas elementais (triángulo, cadrado, rectángulo e círculo) son moi
coñecidas e intuitivas para @s alumnos de 1º EP. Xa as temos visto na clase e non terán
problema con estas actividades. Aínda así non estará de máis recordarlles, sobre todo, a
diferencia fundamental entre o CADRADO (4 lados iguais) e o RECTÁNGULO ( 2 e 2).

EX 1: Colorean da maneira indicada as distintas figuras.
EX 2: Relacionan con frechas as fotografías coa forma que teñen.

PAX 175: EX 3: Teñen que debuxar un coche empregando para as súas partes esas figuras xeométricas
elementais (como lles saia).
EX 4: Teñen que imaxinar eses obxectos ou cousas que lles nomean e indicar se é
verdadeiro ou falso a forma que lles din que teñen (se non saben o que é unha cuña de
queixo axudámoslles)
EX 5: Terminan de debuxar as figuras e, para poñer o seu nome, poden mirar na páxina
anterior.

PAX 176: EX 1: Na columna da esquerda do exercicio teñen que adiviñar e escribir o número de 2
cifras (recordar o ábaco!). Na parte dereita teñen que adiviñar e escribir os números
anterior ou posterior aos que lles indican.
Finalmente deben ter escritos 12 números de 2 cifras entre as dúas columnas, e agora
DEBEN COLOCAR NOS SOLES OS QUE ESTÁN ENTRE 70 E 90, E NAS
NUBES OS QUE SON MENORES QUE 69.

EX 2: Ordenan os números de maior a menor. Hai que facelo dúas veces, no tubo da
parte esquerda, e despois no da parte dereita. A BOCA COME AO MÁIS
GRANDE.







PAX 177: EX 3: Miramos a táboa na que se indica o número de páxinas que liu Irene cada día da
semana. Recordámoslles (xa llelo dixen eu algunha vez) que cada día da semana ten
a súa letra inicial menos o MIÉRCOLES que, en castellano, para non ser confundido
co martes, se representa por unha X.
Despois temos que colocar en cada cuadrícula UNHA OPERACIÓN PARA
RESOLVER O QUE NOS PIDEN. A 1ª e a 3ª son sumas de dous números levando.
Recordamos que a fin de semana son sábado e domingo. Para a operación
do medio, aproveitamos para dicirlles que DIFERENCIA SIGNIFICA RESTA, E
ENTÓN COLOCAN o numero máis grande (AS PÁXINAS QUE LIU O DOMIGO)
por arriba e o máis pequeno (as que liu o luns) por abaixo , e restan.
EX 4: Miran detidamente o robot e o foguete espacial, e contan cantos triángulos, círculos e
rectángulos teñen os seus debuxos.
EX 5: Imos escribir o dictado de números desde 501 ata 520.
PAX 179: Para facer esta páxina primeiro teñen que ler a historia da páxina 178 un par de veces,
porque van ter que recordala. Póden volver mirala as veces que necesiten.

EX 1: O libro está preparando @s alumn@s para o concepto de DOBRE. Comezarán
sumando 2 veces a mesma cifra.
Neste exercicio deben primeiro completar a táboa, e despois sacar dela, da casilla
exacta, os datos para responder ás preguntas.
A terceira pregunta contéstase: La primera, La segunda ou La tercera.
Para a última resposta, teñen que sumar os puntos das tres partidas do avó.
EX 2: Poñendo debaixo de cada figura a súa letra descubrirán eses 2 inventos en
comunicación.

……………………………………………………………………………………………………..

Comentarios

Publicacións populares deste blog