TAREFA DE HOXE, LUNS 11-5-20
HOXE TOCA MATEMÁTICAS
FAREMOS,
NO LIBRO DO 3º TRIMESTRE, AS PÁXINAS 148, 149 e 150
INDICACIÓNS:
PAX 148: Dos euros, na clase vimos algo das
moedas e menos dos billetes. Haberá que repasar un pouco con eles/as
antes de facer os exercicios, por exemplo no propio libro, pero as
operacións matemáticas necesarias son moi sinxelas.
EX 1: Fácil.
Contar unhas poucas moedas.
EX 2: Un
pouco máis difícil. Se non lles sae de cabeza, poden apuntar a
operación necesaria
(suma)
nun papel, e realizala.
EX 3: Rodear
ata xuntar 14.
PAX 149: EX 4: Contan
os cartos que hai no peto e despois, traballando os conceptos de
menor, igual ou menor, xa rodean
o que poden comprar.
EX 5:
Poden
facer un debuxo para axudarlles a calcular os cartos que teñen @s
nen@s .
Tamén poden
escribir as operacións necesarias.
EX 6:.
Primeiro rodean as moedas
que van desde 12 ata 15 euros (o cambio).
Despois
pensan noutra maneira de xuntar esas mesmas moedas (o cambio). Se non
se
lles ocrorre,
dámoslles pistas.
PAX 150: EX 1: Colocan
os números na mesma orde en que aparecen en horizontal e póñenlles
os
seus
nomes EN CASTELLANO (ochenta
y seis…)
EX
2: Escriben
o anterior e o posterior. Na pauta con letra e en castellano; na
casilla con
número.
EX
3: ESTE EXERCICIO NON O FACEMOS, ATA QUE EMPECEMOS A SUMAR
CON LEVADAS.
EX
4: Continuar
a serie contando de 3 en 3. Se non lles sae á primeira, recomendo
poñer 3
dediños e ir
contando co nariz.
…………………………………………………………………………………………………………
Comentarios
Publicar un comentario