SOLUCIÓNS DE ONTE XOVES 14/5/20 CIENCIAS NATURAIS

PAX 75 :
EX 11: 2 – 3 – 1 A manteiga derretiuse coa calor. Pasou deo estado sólido ao estado líquido.

PAX 76 :
EX 12: Moitas respostastas posibles. Algunhas:
Podemos:
- Reutilizar as bolsas de plástico.
- Reutilizar as botellas de vidro.
- Facer compost orgánico para o xardín ou para a horta.
- …

PAX 77: EX 13:

ERAN: botellas de plástico brick de tomate cd//dvd

ÚSANSE AGORA PARA: facer un castelo-xoguete facer un xogo ??? facer un reloxo


EX 14: Respostas totalmente persoais.
……………………………………………………..……………………………………....

TAREFA DE HOXE, VENRES 15-5-20

HOXE TOCA SOCIAIS e LETRAS GALEGAS 2020

CIENCIAS SOCIAIS

FAREMOS, NO LIBRO DE SOCIAIS, AS PÁXINAS 74, 75, 78 e 79

INDICACIÓNS:

PAX 74: EX 11: Marcan onde vai máis frio.
Escriben a temperatura de cada termómetro, un número rematado en graos ou ºC
As dúas preguntas que quedan vale que as respondan referidas ás fotos do libro ou
sobre eles/as mesmos/as.
EX 12: Mirando a foto seralles fácil dicir que é e cando se produce.

PAX 75 EX 13: Varias cousas previas, despois todo moi sinxelo:
- Diferenciar montaña de costa, dirémoslles así, grosso modo, que A COSTA É O MAR.
- Para debuxar os simboliños poden mirar dúas páxinas máis adiante, na 77.

Len a información e debuxan no mapa, no sitio e parte do día correspondentes.
EX 14: Facílisimo, recordarlles que sarabia é sinonimo de granizo.



PAXS 78 e 79: Poden consultar o que non lembren máis atrás nesta lección 6, para esta páxina
e a seguinte, que son de repaso da mesma.

EX 1: Poñer verdadeiro (V) ou Falso (F) a cada frase.
EX 2: Poñer, onde corresponda, sólido, líquido ou gasoso.
EX 3: Poñer 1 para termómetro (máis coñecido por eles/as, e 2 para o pluviómetro
( podemos recordarlles que é e para que se utiliza).
EX 4: Primeiro contestan se eses vehículos contaminan ou non. Despois teñen que
explicar por que (SUXERENCIA: “Porque botan / non botan fumes ao aire.”)
EX 5: Aquí vos indico cando se celebran cada un deses días, que copien as datas:
DÍA MUNDIAL DA AUGA: Cada 22 de marzo
DÍA MUNDIAL DO MEDIO: Cada 5 de xuño

Na parte de abaixo deberían marcar a 1ª casilla, pero se marcan as dúas tamén
está ben.

……………………………………………………………………………………………………………..


HOXE NON HAI TAREFA DE VALORES, NO SEU LUGAR FAREMOS OS 15 NEN@S DA CLASE 3 FICHAS , ADAPTADAS AO SEU NIVEL, SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO, ESCRITOR AO QUE SE LLE ADICA ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

As fichas tédelas nos correos, son as páxinas 3, 6 e 7 dun documento PDF que todos os anos se adoita facer nos colexios como conmemoración deste día.

Se podedes, imprimídeas. Se non, alomenos que lean a primeira e fagan oralmente a 3ª.

PÁXINA 3

Trátase de ler unha moi breve biografía na que se fala da vida e das obras deste escritor galego. Que a lean 2 ou 3 veces, e tamén que se fixen na foto e imaxe laterais.

PÁXINA 6: Ten 2 exercicios:
EX 4: Teñen que imaxinar e debuxar como sería a capa para tapar as pitas nese día de
choiva, ao que se refire a obra do mesmo título.
EX 5: Volvemos mirar a páxina 3 e, para cada pregunta, coloreamaos a resposta correcta
con VERDE VERDADEIRO.

PÁXINA 7: Na mesma páxina están o sitio onde pegar (parte de arriba), e onde recortar (parte de
abaixo) uns sinxelos datos sobre o recordado escritor. Unha vez máis poden volver á
páxina 3 para refrescar a memoria.




Comentarios

Publicacións populares deste blog