NOTA IMPORTANTE
Estimadas/os nais/pais de 1º:
Tendo en conta a relación entre o tempo que queda de curso e a
extensión dos diferentes libros de texto, desde hoxe iniciaremos a
concreción das ACTIVIDADES FUNDAMENTAIS DAS MATERIAS, sobre todo das
linguas e de matemáticas.
Ë dicir, imos facer aquelas actividades coas cales considero que é
importante que @s alumn@s teñan
alomenos un mínimo contacto este curso.
Deste xeito iréivolas indicando debidamente cada día, e non vos
extrañedes se se producen saltos nos libros ou mesmo voltas atrás.
O tempo e as circunstancias obrígannos; pero queda todo anotado e
máis adiante ou no próximo curso arbitraremos solucións para
acometer as tarefas que non nos dese tempo neste, así como afianzar
as vistas durante o 3º trimestre.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
…………………………………………………………………………………………………………….
TAREFA DE
HOXE, LUNS 18-5-20
HOXE TOCA MATEMÁTICAS
Por suxerencia dalgúns/algunhas de vós
imos empezar coas SUMAS LEVANDO. DESTE XEITO:
FAREMOS,
NO LIBRO DO 3º TRIMESTRE, AS PÁXINAS 144 e 145. Tamén as páxinas
151, 158, 159 e 162.
INDICACIÓNS:
++++++Para
as sumas levando eu ensináralles que a levada empezaba en 10, que na
clase é o número de Alma. Así , hai nen@s
que teñen levada, desde o 10 ata o 15, e tamén ata o 19.
Ensinarémoslles que, ao chegar ou pasar de
10 na suma vertical, poñan un pauciño ou un un pequeniño enriba da
seguinte decena ou centena E QUE A SUMEN. Aquí un exemplo:
1
4 7
+
2 5
______
7 2
Aquí
vos deixo a dirección dun vídeo, que lles podedes poñer, onde
lles explican como se suma levando:
https://www.youtube.com/watch?v=KGkXJ8EYdYI
……………………………………………………………………………………………………………..
PAX 144:
EX 1: Despois
da explicación do libro, hai
que completar ou facer dese xeito esas sumas con
levada.
EX 2: Completar
as casillas da serie, sumando o que indican as frechas.
PAX 145: EX 3: Facer
esas sumas levando, e, no fondo, poñer os dous números requiridos.
EX 4:
Sumar os ovos das 2 serpes e
aplicar a levada. Colocar ben a cuenta na cuadrícula
(torcido
repetido, facerlle a proba do lapis) e
escribir a solución. (Retahíla da clase:
“Na
cuadrícula operación e na casilla solución.”)
EX 5: Indicacións
similares ás do exercicio anterior.
EX 6:.
Poden facer con vós
oralmente o cálculo mental.Intentar que conten sen dedos, a ver
se lle pillan o
truco a estas contas, que son moi doadas.
PAX 151: EX 5: Teñen
que marcar cunha X as casillas necesarias para xuntar os cartos
indicados en
cada fila da
táboa.
EX
6:
Ler
o que pensa o neno, pensar e elixir a resposta correcta do test.
(Pódese usar
diñeiro real ou
figurado para representar o problema)
EX
7:
Comezaremos
o ditado de números no 181 e deberiamos chegar ata o 200.
PAX
158: EX 1: Os
números ordinais adoitan ser moi sinxelos de aprender para @s nen@s.
Neste
exercicio hai que
mirar os debuxos do principio da páxina, fixarse, e completar unhas
pautas ou casillas
con palabras que poden ser ordinais (número ou letra en castelán)
ou o nome do
obxecto que ocupa unha determinada posición.
PAX 159: EX
2: Poñendo
cada palabra na posición e orde que se indica- e separando ben as
palabras- sairalles unha
frase con sentido. Unha pista: a 1ª palabra é a que vai con
maiúscula e a
última a que vai
con punto (como indica o seu ordinal tamén).
EX
3: Dúas
cousas: 1º colorear cada camiseta como se indica e despois, no fondo
da páxina,
responder a unha
pregunta.
PAX 162: EX
1: Despois
de ler e ver a diferencia entre líneas rectas e curvas, deben
repasar o
toldo como lles
indican.
EX
2: Decorar
o 1º bolso con liñas curvas de cor azul, e o 2º bolso con liñas
rectas de cor
rosa (para este
poden empregar unha regra).
……………………………………………………………………………………………………………..
Comentarios
Publicar un comentario