Bos días, hoxe @s de 1º compartimos a alegría de alguén que se fai maior (maior de 6 anos):


……………………………………………………………………………………………………………..


SOLUCIÓNS MARTES 12-5-20 LINGUA GALEGA

PAX 201: EX 1 : Xurxo Castro e María Rei
Rúa Nova, 20, Ribeira
O reverso da postal supoñemos que é a primeira foto.

EX 2: (RESPOSTA TIPO): Para enviar unha postal á familia cando estás de vacacións.

PAX 202: EX 1: Celébrase o primeiro concurso de alimentos orixinais!
Os rivais preparan os ingredientes. Non poden errar!
EX 2: ESCOLA-COLEXIO NENO-RAPAZ FABA-FEIXÓN

(RESPOSTA TIPO): O neno atopou un feixón na escola.
PAX 203 EX 1: A mestra prepara o mural.
O neno agarda polo mestre.
A postal é preciosa!

EX 2: Xosé xoga co tren. Rodeamos xoga de vermello)
Xosé e Xulia xogan coa pelota.(Rodeamos xogan) de azul.

++++++Valen frases diferentes
…………………………………………………………………………………………………………


TAREFA DE HOXE MÉRCORES 13/5/20

HOXE TOCA LENGUA CASTELLANA

FAREMOS, NO LIBRO DO 3º TRIMESTRE, AS PÁXINAS 220, 221, 222 E 223

INDICACIÓNS

PAX 220: EX 1: Coma onte en galego, traballamos os sinónimos. Este exercicio ten
resposta libre, teñen que rodear como cren que se sinte o neno, co
obxectivo de darse conta que hai dúas palabras QUE SIGNIFICAN O
MESMO.

EX 2: Que utilicen 4 cores distintas para facer PARELLAS DE
SINÓNIMOS.

EX 3: Teñen que volver copiar as frases na pauta, substituindo as palabras en
vermello polas da lista de arriba. Fácil.

PAX 221: EX 1: É un exercicio oral, pódenvos dicir a vós en alto o que lles piden, e que se fixen nas palabras subliñadas. DICÍMOSLLES QUE SON VERBOS
E EXPRESAN ACCIÓNS.
EX 2: Por lóxica, élles moi fácil rodear a forma do verbo, en singular ou
plural, axeitada.
EX 3: Completan as oracións ata un mínimo de 5 palabras, a 1ª vai ser o
que se deduce mirando os debuxos. Que escriban en castelán e non
esquezan o punto final.
PAX 222: Nesta páxina seguimos explicando para que serven as comas: para separar
elementos dunha serie ou enumeración, menos a última palabra, que se
encadena con “y” (“e” en galego). Ao ler indica unha pequena pausa, bastante
máis breve cá dos puntos.

EX 1: Rodean o instrumento que non aparece na oración.
EX 2: ORALMENTE teñen que dicir que os instrumentos na oración están
separados POR COMAS.
EX 3: Práctica da coms na lectura, en cada unha teñen que parar un pouquiño,
menos ca nos puntos.
EX 4: Copian as tres cores (en castelán) que lles piden e que di o ex 3.
Empezan por maiúscula, separan as dúas primeiras cores cunha coma e
as dúas ultimas por “y”, e poñen punto final:______________ ,
______________ y _____________ .

PAX 223: EX 5: Teñen que completar escribindo os 6 obxectos que hai enriba da mesa.
O primeiro ten que ser a lámpara, poñen comas para separar os 5
primeiros, empezan por articulo (un, una, unos, unas…..) e o quinto e o
sexto sepáranos por “y un/una/unos/unas/…...”
EX 6: Escriben os sete días da semana en castellano. Só poñen letra maiúscula
no primeiro (Lunes, ….), poñen comas entre os seis primeiros e acaban
así: “… , y domingo.”
EX 7: Len o dictado, parando nas comas e rodéanas.

EX 8: Non se fai!!!!
……………………………………………………..………………………………….

++++++Para terminar o traballo de hoxe, que vos lean este texto, que coñecen e lles gusta, e que vos expliquen, se se acordan, de que se trata:

Había unha paloma; que se foi a Marte.
Non daba volvido. Pobre animal.
…………………………………………………………………………………………….




Comentarios

Publicacións populares deste blog