Bos días, en 1º lugar quería comentarvos dúas cousas:

- A profesora de PT do colexio puxo na páxina web do centro unha actividade que me parece interesante para calquera alumn@ de primaria. Por iso, metinvos unha ligazón no blog, na pestana dos especialistas do curso. Botádelle un vistazo se tedes tempo.

- Tamén no blog, na pestana +COUSAS metinvos uns enlaces a distintas posibilidades que existen de enviar vídeos, xa que é un tema que sempre da a lata coa duración, peso, dificultade de compresión, etc...E xa se ten dado o caso de que alguén de vós me quería enviar por exemplo ao neno/a lendo (cousa que me parece ben) e tivo as mencionadas dificultades. Botádelle un vistazo, se acaso.

Boa fin de semana a to@s.



SOLUCIÓNS VENRES 15-5-20 CIENCIAS SOCIAIS

PAX 74: EX 11: Máis frío na 2ª foto.
Verán 30 graos e inverno 0 graos ou verán 30 ºC e inverno 0 ºC
Notamos/notan a calor ou o frío pola roupa que poñemos/levan.
EX 12: É un raio. Prodúcense cando hai tormenta.

PAX 75 EX 13: Os simboliños valen persoais ou copiados da páxina 77.
EX 14: neve – sarabia - chuvia


PAXS 78 e 79:
EX 1: V – F – V - F
EX 2: gasoso – sólido - líquido
EX 3: 1- termómetro – temperatura
2 – pluviómetro – cantidade de chuvia
EX 4: Non contaminan o medio, porque non botan fumes ao aire / á atmosfera.
EX 5:
DÍA MUNDIAL DA AUGA: Cada 22 de marzo
DÍA MUNDIAL DO MEDIO: Cada 5 de xuño

Na parte de abaixo deberían marcar a 1ª casilla, pero se marcan as dúas tamén
está ben.



Comentarios

Publicacións populares deste blog